O caderno Producir analiza as necesidades industriais da Galiza

No novo número do suplemento, que atoparás este sábado nos quiosques xunto co teu Nós Diario de sempre, contarás con interesantes análises do tecido produtivo galego (desde a industria até as grandes empresas, pasando pola investigación) da man de persoas expertas na materia.
produzir
photo_camera Imaxe da capa do Producir que atoparás no quiosque. (Foto: Nós Diario)

Este sábado no quiosque, xunto co teu Nós Diario e o semanario Sermos Galiza, atoparás o caderno Producir, que vén de sinaturas de renove temas que analizan a economía galega desde diferentes puntos de vista.

Na capa vas atopar un texto de María do Carme García-Negro no que incide na “Necesidade de máis industria”. Esta ten que vir, destaca, “con capital e recursos propios”. Este debate, que se amosa cada vez máis preciso na Galiza dadas a situación actual do sector servizos e a crise en complexos industriais coma o de Alcoa en San Cibrao, comparte espazo no suplemento coa reflexión da economista María Cadaval, que analiza “Que agocha o novo baile bancario?”.

Completa a apertura de Producir un artigo de opinión de Bernardo Valdês Paços sobre os impostos e os lucros.

As e os precarios, aínda peor

Na primeira peza da sección Saber Facer, Xabier Pérez Davila advirte de que “O Pacto de Toledo penalizará máis a precariedade”. O autor fornece argumentos como a negociación, case ás agachadas, para que parte dos gastos da Seguridade Social pasen a depender dos Orzamentos Xerais do Estado.

No apartado Pé a terra o profesor da USC Gonzalo Rodríguez fala sobre a absorción do Instituto Nacional de Oceanografía (IEO) polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). “IEO: Estábamos ao bordo do abismo”, titula.

O tema central do caderno desta semana profundiza no “Concerto económico para abrirmos o caminho” da man de Joám José Romero Durán. Este fala da posibilidade dun novo financiamento para o país que non só dependa da Lei Orgánica de Financiación das Comunidades Autónomas.

O economista Manoel Barbeito aproveita este número para explicarche “Qué é realmente a Taxa Tobin?”.

A xestión das empresas grandes a debate

A reportaxe que atoparás para fechar a quenda de artigos máis analíticos titúlase “Por que non proponer a coxestión na grande empresa” e conta coa sinatura de Iago Santos Castroviejo. No texto inclúense algunhas das chaves na tarefa de recuperación da actual crise.

Esa información contrasta con outra das grandes lacras coas que ven loitando a nazón desde hai décadas. O enxeñeiro agrícola Xosé Carballido opina sobre a “Concentración parcelaria: fin dun modelo”.

No Quen fai que comparten espazo o porto de Marín cos empresarios Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, e Álvaro Dorado, presidente de Alcoa no Estado Español. O Selfie deste sábado é para o fundador e Ceo de IberAtlantic Global Corporation, Pedro Mouriño.

Segredos para coñecer a actualidade

Xa sabes que se queres estar ao día sobre a economía galega tes que conseguir o Producir que atoparás no teu quioque habitual acompañando a Nós Diario. Tamén estará dispoñíbel para mercar na nosa loxa online. Apura que ficas sen el! Moito apuro para a próxima fin de semana? Preme aquí e aforra traballo!

Comentarios