Tertulianos do programa La Linterna da cadea católica Cope (relixión que di basearse no amor ao próximo) consideran que o proceso soberanista que se impulsa en Catalunya non é unha novidade, pois é semellante afirman “ao que tivemos en 1934”. Naquel ano, o presidente da Generalitat Lluis Companys proclamara o Estat Catalá no marco da República Federal, o que motivou a intervención do exército sob mando do xeneral Batet.
Nesa tertulia, e na que participaban nomes como Miguel Buesa, Fernando Jauregui ou Fernando Rollón, manifestouse que daquela o problema “solicionouno un xeneral en 24 horas. Tampouco é tan difícil”.
“Iso é o que hai que facer. Solucionalo como se solucionou daquela. E se fusilamos a Compayns, máis aínda”. afirman no marco da conversa, segundo sinalan desde omedio catalán RAC.