Por cada km de autoestrada de peaxe en Galiza hai 2,8 de autovías gratuítas, das peores 'ratios' do Estado

É das peores 'ratios' do Estado: en Andalucía por cada quilómetro con peaxe hai 10,3 de autovías de balde; en Madrid a relación é de 1 a 5,1.

[Imaxe: SG] A AP-9 ao seu paso polo concello de Redondela
photo_camera A AP-9 ao seu paso polo concello de Redondela

Cantos quilómetros de autovía ten cada territorio do Estado por quilómetro de autoestrada de peaxe? Esta é a pregunta que se fai o xornalista e economista Jordi Goula, incidindo en que a resposta será un bo indicador do esforzo orzamentario que se fai en cada territorio en termos de custo de transporte por estrada.

A resposta a esta pregunta dáa o propio Goula nun artigo en Vilaweb no que di que hai “diferenzas difíciles de explicar en termos de eficacia económica”. Os territorios que saen menos favorecidos do estudo son os de Valencia, Catalunya e Galiza. Así, no noso país hai por cada quilómetro de peaxe 2,8 de autovía gratuíta. En valencia a relación é de 1 de autovía de balde por 2 de autoestrada de peaxe e en Catalunya de 1,5 a 1.

Estes resultados deixan unha gran diferenza de se comparar con outros territorios. Así, en Andalucía por cada quilómetro con peaxe hai 10,3 km de autovías de balde. A relación nas dúas Castelas é de 1 (de pago) e 8 (de balde) mentres que en Madrid se sitúa nunha relación de 1 a 5,1.

Comentarios