Imprimir

Nove de cada dez fogares, sen crianzas

D.A. | 29 de decembro de 2015

Porcentaxe de fogares compostos por persoas de 65 anos ou máis_2014_IGE
Porcentaxe de fogares compostos por persoas de 65 anos ou máis_2014_IGE

No 76,7% das vivendas galegas non hai mocidade por baixo dos 16 anos. En troca, o 22,11% está formado por persoas de 65 anos ou máis.

 

O Instituto Galego de Estatística (IGE) fixo público a Enquisa estrutural a fogares correspondente a 2014. Neste senso, o 91,28% das vivendas galegas non contan con crianzas de menos de 5 anos. Asemade, en 7 de cada dez (76,77%) dos fogares non hai persoas menores de 16 anos. 

En troca, no noso país, 234.568 vivendas contan con persoas de 65 anos ou máis. Isto é, o 22,11%. 

Os dados evidencian o avellentamento poboacional que atinxe Galiza e que se sitúa como un dos principais trazos da crise demográfica. Desde 1986 Galiza encadea un saldo vexetativo negativo, encabezando o ránking do Estado español como o territorio con maior diferenza entre mortes e nacementos (-10.706, en 2014). 

Por provincias, o interior conta cunha poboación máis envellecida. Neste senso, a cifra de fogares sen ningunha persoa menor de 16 anos ascende ao 81,41% en Ourense e a 80,75 en Lugo, embora non ser moito inferior no eixo atlántico co 76,38% na Coruña e o 74,02% en Pontevedra. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/cada-dez-fogares-crianzas-menores-5-anos/20151229105441043722.html


© 2020 Nós Diario