Cacharro Gosende aprecia "incumprimentos" nos contratos de Baltar

Baltar "non fixo o correcto" ao non facer público os contratos que agora se están a investigar, segundo o fillo de Cacharro Pardo e actual secretario da Deputación de Ourense.

O secretario da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro Gosende, non defendeu a José Luís Baltar e sinalou que "avalaba a urxencia e a necesidade dos contratos, non o procedemento». Realizaou estas declaracións ás portas dos xulgados de Ourense pouco antes de entrar a declarar como testimuña. O fillo do ex-presidente da Deputación de Lugo avalou no seu momento as 104 contratacións polas que se investiga ao ex-alto cargo do PP investigado mais agora asegura que o precedemento seguido por Baltar "non foi o correcto" posto que "non se fixo anuncio público dos mesmos".

Diante do xuíz, Cacharro Gosende non quixo facer unha valoración de como se realizaron os contratos que deron lugar ao xuízo. Reiterou que a tramitación non era a correcta e negou que tivera relación coas decisións de Baltar. Asegurou que o informe era "un trámite" no que se apuntaba a "urxencia" deses postos.

Mañá pasarán polos xulgados os catro xefes de servizo que solicitaron persoal para os seus departamentos e o ex-interventor de la Deputación. Na cuarta feira, ás 17 horas, será cando pase diante do xuíz o propio José Luis Baltar.

Diante do xuíz, Cacharro Gosende non quixo facer unha valoración de como se realizaron os contratos que deron lugar ao xuízo

José Manuel Baltar quere recuncar como presidente do PP ourensán

O actual presidente do PP ourensán e presidente da Deputación, José Manuel Baltar, asegurou que volve a presentarse ao posto que agora ocupa no seu partido. Para o anuncio convocou unha conferencia de imprensa á mesma hora en que se está a celebrar o xuízo por presuntas irregularidades contra o seu pai, José Luís Baltar. O congreso celebrarase en marzo e polo de agora Baltar é o único candidato a ese posto. En declaracións aos medios de comunicación repetiu que non quere "inxerencias" de Feijóo para escoller na militancia da provincia e que "cantas máis candidaturas se presenten, mellor".

Comentarios