Caballero pide "intervir" Alcoa para imposibilitar o fechamento

O secretario  xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, demandou a Goberno estatal e á Xunta da Galiza que fagan "fronte común" para " intevenir" e "imposibilitar" o fechamento da factoría de Alcoa en San Cibrao (Cervo).
andresfragaEuropaPress_3232527_candidato_psdeg_presidencia_xunta_gonzalo_caballero_llegada_sede_partido
photo_camera Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, nunha intervención ante a prensa.

En declaracións difundidas despois de coñecerse que Alcoa decidise aplicar o despedimento colectivo de 524 traballadores e a hibernación ordenada das cubas de electrólise da planta de aluminio de San Cibrao, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou o Goberno español e mais o galego a facer "fronte común contra o fechamento".

"Todos estamos indignados. O de Alcoa é infumábel, unha multinacional que recibiu millóns de euros e que agora fai unha chantaxe deste estilo", puxo de manifesto Caballero para, a continuación, reclamar esa "fronte común".

Segundo Caballero, Alcoa "actuou de mala fe", polo que é preciso que os gobernos expresen o seu rexeitamento ao Expediente de Regulación de Emprego, reclamen que se manteñan as cubas con actividade e interveñan "para imposibilitar o fechamento dunha factoría fundamental para A Mariña".

A Federación Galega de Comercio aínda facía esta quinta feira alusión ás consecuencias negativas que tería a paralización da fábrica para toda a comarca da Mariña. 

"Non cabe dúbida de que, tal e como están as circunstancias, isto sería un novo golpe para o comercio da Mariña e non só da Mariña, senón para o comercio de Lugo", afirmaba José María Seixas, presidente da federación.