POLÍTICA

Caballero asegura que as socialistas están "preparadas" cun proxecto para que "ninguén quede na cuneta"

O líder do PSdeG considera que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo "está escribindo as súas últimas páxinas á fronte do Goberno galego" coa convocatoria de eleccións para o domingo 12 de xullo. 
Gonzalo Caballero (PSdeG).
photo_camera Gonzalo Caballero (PSdeG).

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, valorou que a convocatoria electoral para o 12 de xullo anunciada polo presidente da Xunta supón que Alberto Núñez Feixoo "está escribindo as súas últimas páxinas á fronte do Goberno galego". 

"Feixoo impón un calendario electoral que as galegas non compartimos", asegurou o líder das socialistas, que esta fin de semana xa apuntou que unhas eleccións no mes de xullo eran unha "unha decisión persoal e personalista" do presidente galego que demostran a súa "irresponsabilidade máxima", 

"As socialistas estamos preparadas para darlle á Galiza un proxecto de compromiso coa sanidade pública, co Estado do Benestar e unha política de reconstrución ao servizo da cidadanía para que ninguén quede na cuneta na recuperación da crise económica", sostivo Caballero. 

O socialista xa criticara que "non hai ningún informe científico nin médico que poida dicir que no mes de xullo haxa mellores garantías" para votar que, "por exemplo, na primeira quincena de setembro". 

"Hai que desaloxar á dereita do Goberno galego e pór en marcha unha nova política", remarcou Caballero.

Comentarios