Caballero, preocupado polos apoios a Vox na Galiza

O líder do PSdeG cre que a caída de Ciudadanos reduce os posíbeis aliados do PP

Gonzalo Caballero (Europa Press)
photo_camera Gonzalo Caballero (Europa Press)

O secretario xeral do PSdeG, Gonzálo Caballero, amosou esta segunda feira a súa preocupación polos apoios rexistrados por Vox na Galiza, se ben celebrou que a desfeita de Ciudadanos nos comicios do 10 de novembro deixa o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feixoo, con menos aliados de cara a seguir gobernando na Xunta

Para o dirixente socialista, a caída de Ciudadanos «lembra á da UDC a principios dos 80». Caballero tamén destacou que o partido de Albert Rivera foi un «experimento» que «pinchou»  despois de venderse como forza de centro e terminar por converterse no «bastón da extrema dereita» en España

Dimisión de Rivera

Sobre a dimisión de Rivera, o secretario xeral do PSdeG indicou que nun partido que cae ao «abismo electroral» tras perder 47 deputados, «entendo que os responsábeis teñan que adoitar resposabilidades».

Tamén lembrou que no caso da Galiza, Ciudadanos «nunca acadou un nivel de apoio suficiente» e que na xornada electoral «desfixo» as súas posibilidades de futuro.

Asegurou que os resultados electorais alcanzados polo PSdeG cumpren os "obxectivos" marcados pola formación para este 10 de novembro fronte a un Alberto Núñez Feijóo e un Partido Popular que "pincharon". "Pincharon ena Galiza na súa estratexia de tentar aproveitar a repetición (electoral) para ter unha maioría con máis deputados, máis apoios pero tamén pincharon porque a maioría social progresista emerxe cada vez que hai unha convocatoria electoral", manifestou.

Comentarios