Caballero di que as urnas acabaron o 26M co "estereotipo” de que Galiza “é dereitas”

O secretario xeral do PSdeG reta FeEixoo a ter “altura de miras” e “poñer fin á empresa familiar dos Baltar” na Deputación de Ourense.

gonzalo caballero psdeg

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu este sábado ante o Comité Nacional do PSdeG para manifestar que o partido está “preparado” para afrontar as eleccións autonómicas cando Feixoo decida convocalas. “Unha nova Galiza falou nas urnas para dicir que a maioría quere progreso”, resaltou, indicando que o 26M ficou superado superado o estereotipo de que “Galiza é de dereitas”.

En canto ás municipais, Gonzalo Caballero destacou que o PP fica fóra do goberno das sete cidades e das principais vilas galegas, ao tempo que carece de maioría suficiente nas catro deputacións. Centrado no caso de Ourense, pediu “un pacto pola rexeneración política”. Sinalou a Ciudadanos que toca elixir entre “o caciquismo e o nepotismo” e “a rexeneración e o futuro”, e retou Feixoo a ter “altura de miras” para “poñer fin á empresa familiar dos Baltar” na Deputación de Ourense.

Gonzalo Caballero avanzou que unha vez tome posesión do seu escano, seguirá percorrendo Galiza para defender que é o tempo de “abrir un novo tempo político en Galicia”.

O comité de dirección do PSdeG aprobou unha resolución na que ratifican o seu compromiso de contribuír á articulación de "gobernos progresistas" nos concellos galegos onde sexa posíbel. Os socialistas conseguiron 66 maiorías absolutas nas municipais do 26M e están en disposición de gobernar seis das sete cidades galegas, todas agás Pontevedra.

Comentarios