Fondea fronte a Fisterra un buque quimiqueiro con problemas de maquinaria

'Huseyn Javid', con bandeira de Malta, transporta parafina e leva 16 tripulantes a bordo. Quer fondear fronte a Fisterra para as reparacións. A zona está en alerta por temporal, con ondas entre 8 e 9 metros.

buque quimiqueiro barco mar

'Huseyn Javid', un buque quimiqueiro con bandeira de Malta e construído no 2007, está a unha milla de Fisterra, onde está previsto que fique fondeado para proceder a reparar os problemas que ten na súa maquinaria. Con 93 metros de eslora e un cargamento de parafina, este quimiqueiro solicitou apoio para se achegar a terra, según aponta Europa Press, após notificar os problemas que estaba a ter. O remolcador polivalente 'Don Inda', desprazouse até a zona e acompaña en todo momento o 'Huseyn Javid'.

O petroleiro ten 16 tripulantes a bordo. A intención é fondealo fronte a Fisterra para proceder a reparar a maquinaria. A costa galega atópase nesta segunda feira en alerta, estando previsto que se active a alerta vermella durante a tarde. Agárdanse ondas de entre 8 e 9 metros.

Comentarios