O brote da Mariña segue a medrar ás portas do 12-X

A Xunta rebaixa as restricións na metade dos concellos da Mariña, afectada por un brote de coronavirus que leva en ascenso ininterrompido desde hai dúas semanas e que suma xa 182 casos. A decisión adóptase en vésperas dunhas eleccións galegas que estarán marcadas pola situación epidemiolóxica desta comarca e pola negativa do Goberno galego a tomar medidas máis severas, fronte as cifras de contaxios e as voces que exixen garantías sanitarias para que a poboación mariñá poida exercer o seu dereito en igualdade ao resto da cidadanía galega.
IMG_20200710_214628_684
photo_camera Os casos continúan ascendendo na Mariña, con 137 só en Burela. (Europa Press)
Comentarios