Brasil privatiza os parques nacionais de Aparados da Serra e da Serra Geral

O gañador da poxa realizada polo Ministerio do Medio Ambiente foi o grupo Construcap, unha das 10 maiores construtoras do Brasil.
aparados da serra brasil
photo_camera Parque Aparados da Serra (Foto: Oco)

O  Ministerio do Medio Ambiente (MMA) de Brasil realizou  nesta segunda feira, 11 de xaneiro, a poxa para a concesión de 2 parques  nacionais,  pasando así a mans privadas os parques de Aparados da Serra e da Serra  Geral, localizados na divisroria entre Santa Catarina e Rio Grande  do  Sul.

Ambas as unidades eran administradas pelo Instituto Chico Mendes de  Conservação da  Biodiversidade ( ICMBio),  vinculado  ao  MMA. Xuntos, ambos os parques  abranguen por volta de 30.400  hectáreas.

O gañador do concurso, o grupo Construcap (unha das 10 maiores construtoras do Brasil), presentou unha oferta inicial de algo máis de 3 millóns de euros para a concesión dos dous parques. A oferta mínima prevista no anuncio público era de 108.000 euros.

O proceso de concesión transfire servizos de seguridade e mantemento ao sector privado, a cambio dunha explotación comercial

O proceso de concesión transfire servizos de seguridade e mantemento ao sector privado, a cambio dunha explotación comercial da zona, como cobrar as taxas de entrada á zona de reserva, tendas de souvenirs, cafeterías, transporte interno de viaxeiros, percorridos de navegación polo río, voos panorámicos en helicóptero, administración de centros de visitantes, rutas, cámpings e miradoiros.

Estes dous parques son os primeiros parques nacionais de Brasil en poxarse ​​baixo o novo modelo de concesión do Goberno de Jair Bolsonaro.

Actualmente, a axencia ten contratos de concesión de servizos públicos nos parques nacionais de Tijuca, Iguaçu, Serra dos Órgãos, Itatiaia, Fernando de Noronha, Chapada dos Veadeiros e Pau Brasil.

Comentarios