Camiñada por Lamas
San Sadurniño
Local Social de Lamas
Sexta feira
16.00h
Unha oportunidade para coñecer mellor un dos recunchos máis fermosos da zona e, de paso, facer un exercicio lixeiro mediante estas pequenas rutas que se organizan todos os anos.
Recicl-Arte
Carballo
Pazo da Cultura
Sábado e até o 15 de xullo.
Recicl-Arte, a exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo, está composta pola obra de 18 artistas con traxectorias e modalidades ben diversas, que van desde a pintura até a fotografía pasando pola escultura e mailas artes plásticas. Desde a sexta feira 14 de xuño e até o 15 de xullo, o 3º andar do pazo da Cultura acollerá estas obras. Un auténtico privilexio para os sentidos que non podedes deixar de visitar.
Diversidarte
Portomarín
Praza Condes de Fenosa
Sexta feira
18.30h
DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas, é unha mostra de todas as artes pola diversidade e nesta edición contará con Ricardo Prado, danza integrada e Xerock.
Sarabela Teatro
Lalín
Salón Teatro
Sexta feira
21.30h
“Celebración. A gran noite” é unha obra teatral que aborda a erótica do poder mediante unha sátira que se ergue contra a clase política e os poderosos.
Neorretranca e posmorriña
Rianxo
Auditorio Municipal
Sexta feira
21.00h
Continúa a xira desta peza dual creada a partir de Fantasía nº 5 en sol ou non de Esther F. Carrodeguas e Boisaca ou a divina desgraza de Roi Vidal Ponte.
Festival de primavera da coral
Pontevedra
Teatro Principal
Sábado
20.00h
Arranca unha nova edición do Festival de Primavera que se organiza desde a Coral Bella Helenes, con entrada de balde ata completar cabida.
As treboadas do Baixo Miño
Tomiño
Praza do Seixo
Sábado
10.30h-13.30h
A última sesión dos roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra terá como guía a Xerardo F. Santomé e a música de Airiños Novos de Pinzás.
II Romaría O Vilar
O Courel
O Vilar, Vilamor
Sábado
Roteiro ata O Castro, sesión vermú e baile, xogos tradicionais, xantar popular e música da man dunha decena de agrupacións fan deste un evento imperdíbel no corazón do Courel.
SELIC
Compostela
Praza da Quintana
Até o domingo.
A Semana do Libro de Compostela (SELIC) chega á praza da Quintana na súa terceira edición con ducias de actividades ao redor do libro e con La Habana como cidade convidada. Até o 16 de xuño contarán coa exposición de librarías e editoriais, presentacións de libros, propostas infantís, actuacións musicais, teatro, recitais poéticos, obradoiros de creación de banda deseñada ou de minicontos.