Os bombeiros de Vigo van á folga por primera vez na súa historia

CIG e CUT convocan un paro indefinido ante a "situación límite” do servizo pola falta de persoal.

bombeiros vigo

Os bombeiros e bombeiras do Concello de Vigo van, por primeira vez na historia do servizo, á folga. Rexistraron a convocatoria de folga indefinida a partir do vindeiro 14 de agosto ante a “situación límite” derivada da falta de persoal. As centrais promotoras da medida -CIG e CUT- contan co apoio da maioría dos traballadores/ e traballadoras: “Polo momento de 65 dos 102 persoas en activo, aínda que esta cifra podería aumentar nos próximos días porque máis compañeiros/as xa manifestaron a súa intención de sumarse”.

O paro responde, explicaron a que o persoal “xa non atura máis a situación límite na que nos atopamos como consecuencia da falta de persoal; non hai que esquecer que o servizo chegou a ter 150 efectivos e na actualidade somos pouco máis de 100”.

30% do cadro de persoal está de baixa por ansiedade ou doenzas físicas derivadas do exceso de traballo: prolongación das xornadas laborais, gardas de 48 horas seguidas, etc.


DEnuncian tamén que 30% do cadro de persoal está de baixa por ansiedade ou doenzas físicas derivadas do exceso de traballo: prolongación das xornadas laborais, gardas de 48 horas seguidas, etc. Situación que se agrava polo feito de que case da metade dos bombeiros e bombeiras en activo ten máis de 55 anos (48 de 102). “Noutros servizos xa estarían en segunda actividade, pero no noso seguen en primeira liña”.

Comentarios