O BNG urxe no Parlamento a tomar medidas perante os colapsos en Urxencias

Os nacionalistas presentan unha proposición non de lei para que a Consellería tomen medidas contra unha masificación do servizo que é efecto, din, das políticas do PP.

Urxencias de Vigo
photo_camera Urxencias de Vigo

A deputada nacionalista Montse Prado defendeu no Parlamento unha proposición non de lei pola que se pide á Consellería de Sanidade que adopte medidas e actúe contras “os colapsos nos servizos de Urxencias”, unha situación que deriva, afirma a parlamentar, dos “recortes humanos e de recursos” que aplicou e aplica o PP. Ademais de solicitar que se dote “dos servizos necesarios” á sanidade pública, Prado propuxo abrir as unidades de especialización e as camas fechadas ou facer un protocolo contra os picos de gripe, así como elaborar un plan para a mellora da atención primaria.

Así, a deputada do BNG afirmou que en atención primaria hai listas de agarda de até dez días, o que orixina que os e as doentes opten por recorrer a Urxencias, o que axuda a que este servizo se sature, sobre todo pola escasez de recursos, “nomeadamente de recursos humanos”. Os colapsos non se producen só en “picos estacionais”, dixo Prado, e puxo como exemplo situacións como a do novo hospital de Vigo ou o CHUS de Compostela, entre outros. 

Comentarios