O cambio non será efectivo até que haxa novas eleccións estatais, segundo fontes do Parlamento

O BNG terá un senador despois de nove anos sen representación na Cámara Alta

Os resultados dos comicios galegos deste domingo fornecen unas circunstancias propias para que o BNG gañe músculo político. Unha das novas  é que o nacionalismo galego volverá a estar no Senado por dereito nove anos despois de que se despedirá Xosé Manuel Pérez Bouza. Será unha presenza virtual e anímica porque o relevo producirase cando mude o Goberno de Madrid
Ana Pontón e Francisco Jorquera_Irene Pin
photo_camera Ana Pontón xunto co ex senador Francisco Jorquera (Foto: Irene Pin)

Os resultados electorais de onte, co avance do BNG e a súa líder Ana Pontón, non só supoñen a freada da marca PSdeG e o potencial da corrente nacionalista como oposición ao presidente electo da Xunta de Galiza, o popular Alberto Núñez Feixoo. Mais alá da entrada masiva de novas caras no Parlamento galego, hai que ter presentes todos os cambios secundarios derivados da aposta das electoras e electores. Sen ir más lonxe, o Bloque Nacionalista Galego recuperará o seu senador de designación autonómica despois de nove anos sen representación na Cámara Alta.

Sen entrar a analizar se o Senado ten máis ou menos utilidade ou validez, a entrada do nacionalismo galego supón un avance moi grande a nivel político. O ourensán Pérez Bouza foi a última cabeza visíbel do BNG por Madrid até 2011.

Polo de agora descoñécese a data na que podería darse o relevo en Madrid (agora ocupan os tres postos dispoñíbeis Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Elena Muñoz Fonteriz e Jesús Vázquez Abad (PPdeG). O certo e que o cambio vai depender dos intereses políticos. Fontes do Senado confirmaron a Nós Diario que non é preciso agardar a una nova lexislatura no Goberno do Estado, mais dende o Parlamento galego informan de que é o sistema que está establecido aquí.

Agardar tres anos

É dicir, segundo fontes do Senado, unha vez que os resultados dos comicios están na man correspondería ao Parlamento galego decidir cando se vota o traslado dos novos representantes ao Senado. Sería posíbel recibilos en medio da lexislatura. Porén, sería posíbel que ao PP non lle interesara politicamente acelerar o trámite (porque queda como está) e tería a maioría absoluta do Parlamento para adiar a decisión. Mais a dúbida quedará no tinteiro, porque segundo a tradición haberá que agardar a que haxa novos comicios xerais.

En calquera caso, este resultado das eleccións autonómicas é moi importante a nivel político para o BNG, dálle maior valor e unha voz máis forte ao partido e supón acabar coa racha de tantos anos sen poder sentar no Senado. No entanto, na práctica sumaránse doce anos agardando.

Como o asunto vai lento e hai pasos a dar primeiro na Galiza, haberá que ter paciencia tamén para ver quen marcha á capital do Estado. Os últimos representantes foron o que fora vicepresidente da Xunta co bipartito, Anxo Quintana (2000-2005); Francisco Jorquera (2005-2008) e José Manuel Pérez Bouza (2008-2011).

As votacións de onte tamén van supor cambios de ‘fichas’ na institución do Valedor do Pobo, na CRTVG...

Comentarios