Primeira iniciativa no Congreso

O BNG reclama no Congreso o Estatuto da Industria Electrointensiva

O deputado do BNG, Néstor Rego presentou no rexistro do Congreso dos Deputados unha pregunta dirixida ao Goberno a respecto da nova poxa de interrompibilidade, publicada no BOE do 3 de decembro de 2019, e que segundo di, empeora as condicións para a industria electrointensiva.
Rexistro 2
photo_camera Néstor Rego no rexistro do Congrso dos Deputados (BNG).

O BNG reclama que se aprobe con urxencia un Estatuto da Industria Electrointensiva que estableza unha tarifa estábel e economicamente asumíbel; un regulamento, incide, que permita a competitividade industrial e garanta o mantemento dos postos de traballo.

Neste sentido, o BNG entende que o Goberno debe “ser sensíbel ao feito de que a crise da industria electrointensiva ameaza Galiza co risco de perder máis 5.000 empregos no sector”, cun impacto directo nas comarcas da Mariña, Ferrol, A Coruña e Costa da Morte.

Na mesma liña, critica que xa se aprobara a nova poxa de interrompibilidade “cando hai 10 meses que se iniciou a tramitación urxente do procedemento de elaboración e aprobación do real decreto que regula o Estatuto do Consumidor Electrointensivo”, aínda pendente de conformidade.

"Urxe un Estatuto da Industria Electrointensiva"

Para o BNG a resolución aprobada deixa ver ás claras que é urxente contar cun Estatuto da Industria Electrointensiva que, con carácter xeral, libere a factura de peaxes que non teñen relación directa co funcionamento do sistema eléctrico: primas ás renovábeis, custos extrapeninsulares, pagos por capacidade, nucleares e déficit tarifario”.

A formación nacionalista segura que “o custo destas peaxes deberán ser asumido polos Orzamentos do Estado”. Néstor Rego cuestiona que “sendo Galiza un país produtor de excedente de enerxía eléctrica, os fogares galegos teñan que pagar a factura máis cara do Estado español e teñamos máis de 5.000 postos de traballo en risco de se perder”.

Segundo o deputado do BNG, a prioridade é manter a actividade económica e garantir os máis de 5.000 postos de traballo que están en risco.

Comentarios