BNG procura o apoio do Parlamento galego ao acordo co PSOE

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón pide ao PP que abandone o  seu “sectarismo” e axude a "desbloquear" as transferencias en materia de infraestruturas e servizos básicos.

bng nestor rego ana ponton

O BNG defenderá no vindeiro pleno  do Parlamento galego unha proposición non de lei para acadar o apoio de todas as forzas ao texto do acordo de investidura entre BNG e PSOE. A portavoz nacional, Ana Pontón, destacou a relevancia do acordo, despois de 10 anos sen que “Galiza recibira unha soa competencia e recalcou que  “Feixoo deixa un récord moi triste como presidente con cero novas competencias para Galiza”.

Pontón avanzou que o texto do acordo recolle a posta en marcha da Comisión mixta de transferencias, Estado-Xunta, no primeiro cuadrimestre do ano 2020 co fin de programar as transferencias pendentes.

O acordo, indica a nacionalista, implica a dous gobernos e a vontade  de dúas partes e o BNG conseguiu “desbloquear” a situación política no Estado a través deste acordo.  "Agora debe ser a Xunta a que amose a súa disposición a cumprir cos acordos do Parlamento galego e o Estatuto de Autonomía".

Comentarios