O BNG pregunta a Feixóo “se coincide con Vox en que non existe a violencia de xénero”

O movemento da dirección estatal do Partido Popular cara ás teses ultras de Vox teñen efectos en Galiza. Non por acaso, Alberto Núñez Feixoo foi un dos apoios do presidente do partido Pablo Casado, abandeirado do xiro reaccionario. Neste contexto, o BNG preguntou hoxe ao xefe do Executivo galego “se coincide con Vox en que non existe a violencia de xénero”.
 

ana pontón tarifa eléctrica
photo_camera A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Foto: BNG.

A portavoz nacional do BNG Ana Pontón quere que Feixoo aclare se apoia a Casado cando este se amosa disposto a “mellorar” no Congreso a lei sobre violencia machista. “É importante saber se Feixoo está de acordo o se está con vox”, expuxo Pontón esta segunda feira ante os medios de comunicación.

A ruptura do PP cos consensos a respecto da violencia machista está directamente relacionada coas súa negociación co partido extremista Vox para acadar a presidencia da Junta de Andalucía. Os ultradereitistas colcoaron como condición para votar o candidato popular a supresión da lexislación sobre violencia de xénero.

“Non podemos pregarnos a este vello e rancio machismo que agora se está intalando na dereita”, engadiu Ana Pontón, quen pediu non dar “nin un paso atrás” na materia.

Comentarios