BNG pide á Xunta que inclúa Madrid como territorio de alta incidencia da Covid

Demanda que, dado que a pandemia está baixo control no norte de Portugal, se exclúa as e os traballadores transfronteirizos do control de datos

madrid
photo_camera Madrid

O BNG traslada a súa preocupación polos “continuados rebrotes”  de coronavirus que se están coñecemento en toda Galiza e considera que a Xunta non está actuando “coa necesaria dilixencia e seriedade, e mesmo algunhas das medidas adoptadas parecen máis pensadas para conseguir un titular de prensa que en base a súa eficacia para evitar e controlar novos casos da Covid-19”.

Sinalan como exemplo os nacionalistas, a decisión de impoñer como obrigatorio facilitar os datos de contacto a todas as persoas que proceden dun territorio considerado de alta incidencia do virus, un listado de comunidades autónomas e de países que, a xuízo da portavoz parlamentaria de sanidade, Montse Prado, “non responde a criterios de racionalidade”.

A formación nacionalista non encontra “explicación a que un país como Portugal figure no listado de lugares desde onde as persoas que cheguen a Galiza deben dar o seus datos persoais e de contacto mentres que, por contra,  Madrid non figura nesa relación pese a ser un territorio do que proceden moitos do casos de contaxio importados” e, polo tanto, solicita que figure na lista de territorios “cuxos visitantes ao noso país teñen que aportar os seus datos para o rexistro creado a tal fin.

O BNG considera necesario que o Goberno galego explique que protocolo e que tratamento vai dar aos datos recollidos, que tipo de seguimento se lle vai facer as persoas que queden neste rexistro e por parte de quen.

Comentarios