BNG pide unha negociación “bilateral” Galiza-Estado sobre financiamento

A portavoz nacionalista Ana Pontón advirte que  “o café para todos” prexudica o noso país

ponton

 Ante a reunión do consello de Política Fiscal e Financeira para decidir o déficit e débeda pública das comunidades autónomas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reclamou un novo marco que posibilite unha “relación bilateral Galiza-Estado”. Pontón cualificou a reunión de Política fiscal como un “trámite” no  que “Galiza está ausente” e o PP  non defenderá “os intereses xerais dos galegos e galegas”.

Para Pontón, Pedro Sánchez equivócase mantendo un marco financeiro deseñado polo Partido Popular “involutivo e negativo” apoiado por unha  lei de estabilidade “regresiva, que  limita o gasto público e representa un ataque ao autogoberno de Galiza e a autonomía municipal”.

Dende o BNG, consideran “urxente” un cambio de modelo e priorizar as necesidades da sociedade galega a través da  modificación da política de  “café para todos. A nacionalista reiterou que Galiza necesita “unha relación bilateral co Estado” cun novo modelo para decidir o endebedamento, e as prioridades de gasto.

Nesta liña, explicou que o modelo  centralista mediatiza os orzamentos galegos e mesmo impide utilizar recursos aos concello con superávit  polas restricións de investimento público impostas no seu momento. Para  Ana Pontón, o debate no vindeiro período de sesións debe centrarse no modelo de financiamento polo que volveu  a defender  o concerto económico galego proposto polo BNG  para recadar todos os impostos e  decidir dende Galiza os niveis de gasto.

Comentarios