BNG lanza 'Concellos en rede por Galiza'

Trátase dun decálogo asumido polas 30 alcaldías nacionalistas e dunha estrutura creada co obcextivo de partillar "ideas e proxectos" cara á construción dunha "Galiza diferente" desde o local.

Encontro municipal 1
photo_camera [Imaxe BNG]

As 30 alcaldías e 12 gobernos de coligazón cos que conta o BNG desde as eleccións do 24 de maio asumiron esta quinta feira no primeiro encontro municipal da organización frontista, un decálogo de prioridades. Aliás, lanzaron 'Concellos en rede por Galiza', unha iniciativa que visa conformar unha estrtura na que partillar "ideas e proxectos" á fin de construíren unha "Galiza diferente" desde o local. 

Entre os 10 compromisos prioritarios asinados polas equipas de goberno atópanse a loita contra os despezos, a pobreza ou a violencia machista. Para alén, de se declararen "insubmisos" aos ditames da UE através do rexeitamento do Tratado de Libre Comercio que están a negociar a Comisión europea e os EUA. 

“Queremos mostrar desde os concellos que hai unha alternativa ás políticas antisociais e antigalegas do PP”, sinalou en comparecencia de imprensa o portavoz nacional da organización frontista, Xavier Vence. 

“Estamos nas institucións para defender os intereses de todos e todas, cun concello transparente, dialogante onde o benestar social sexa a prioridade porque queremos estar ao lado das persoas”, explicou a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, unha das caras novas que encabezarán gobernos municipais nacionalistas. Tamén Xosé Luís Rivas, Mini, rexedor de Boimorto asegurou que as localidades gobernadas polo Bloque desenvolverán “unha rebelión sería e tranquila, pero firme", tamén no rural. 

Comentarios