O BNG insta a Xunta a censurar a discriminación lingüística da nena de Arteixo

Através dunha iniciativa reclaman do goberno galego que non "fiquen impunes" os feitos. 

O grupo parlamentar do BNG rexistrou esta cuarta feira (29 de xullo) unha iniciativa coa que visa que o goberno galego censure a discriminación lingüística padecida por unha crianza de Arteixo no campamento do Clube Hípico Casas Novas. 

Para a organización frontista este tipo de actitudes “que violentan dereitos humanos fundamentais" non deben "ficar impunes" polo que demandarán non só o rexeitamento das forzas que integran a Cámara e do propio executivo senón a posta en funcionamento dos medios necesarios para realizar denuncias de discriminación lingüística, facilitando apoio xurídico gratuíto as persoas que queiran denunciar.

Comentarios