BNG exixe que se prohiba a participación de menores en corridas de touros

O deputado Néstor Rego pide que se atendan as recomendacións do Comité dos Dereitos do Neno e a Nena.

touradas non 3 @marcoscal_

O deputado do BNG, Néstor Rego, trasladou ao Congreso unha iniciativa da plataforma Galiza Mellor Sen Touradas para exixir ao Goberno español que, “a fin de prever os efectos daniños da tauromaquia en menores de idade e seguindo as recomendacións do Comité dos Dereitos do Neno e a Nena da ONU”, se prohiba por parte do Estado a participación de menores de 18 anos como toureiros e espectadores de corridas de touros.

O BNG denuncia que ao non cumprir coa recomendación do Comité dos Dereitos do Neno e a Nena, estase permitindo a presenza de persoas menores de idade nunha actividade de maltrato animal real, tanto en prazas como a través de contidos audiovisuais.

A plataforma Galiza Mellor Sen Touradas advertiu que esta falta de resposta institucional a unha advertencia clara dun comité de expertos independente débese “á presión do lobby taurino, ben conectado coa esfera empresarial e política para impedir que calquera avance social, como a oposición maioritaria á tauromaquia, teña un reflexo real no ordenamento xurídico”

Comentarios