Os directivos da petroleira mexicana Emilio Lozoya, Carlos Roa e José Manuel Carrera Panizzo están sendo investigados polo Goberno daquel país. A deputada nacionalista Noa Presas afirmou esta quinta feira que eles tres “foron bendicidos polo Executivo de Feixoo”, quen fixera un enorme exercicio de propaganda a respecto dos mencionados contratos.
Esta semana o Goberno mexicano anunciou que revisaría os contratos de Pemex coas empresas galegas. O Bloque tamén denuncia que “a operación de venda do capital venezolano do estaleiro vigués Barreras ten máis sombras que luces, ademais dun impacto negativo sobre a imaxe do sector naval galego”.
Segundo Noa Presas, Feixoo non avaliou o impacto da operación, máis alá das promesas sen cumprir de contratar 14 remolcadores, dous buques químicos, tres buques tanque, un atuneiro, a construción da flota menor de Pemex ou a base loxística de Punta Langosteira”.