BNG, ERC e Bildu avanzan cara a unha candidatura conxuntas ás europeas

Representantes das direccións políticas das tres formacións mantiveron un encontro esta sexta feira en Santiago de Compostela.

 

BNG Bildu ERC

Unha candidatura conxunta e ampla, nucleada arredor de ERC, BNG e Bildu, e aberta “á incorporación doutras, formulándose como unha candidatura de carácter amplo, transformador, progresista, social e que vai poñer o foco na defensa da democracia, as liberdades e os dereitos”. Esa á a proposta coa que traballaron as delegacións desas tres forzas políticas, que esta sexta feira se reuniron en Compostela, para unha candidatura conxunta nas europeas de 2019.

Representantes das direccións políticas do Bloque Nacionalista Galego, EH-Bildu e Esquerra Republicana de Catalunya reuníronse  para avanzar nos traballos vinculadas á conformación dunha eventual candidatura conxunta a esa cita electoral.

As delegacións das forzas soberanistas salientaron que Catalunya, Euskal Herria e Galiza comparten unha tradición e unha cultura de colaboración histórica “fronte á negación permanente do Estado español a aceptar o dereito a decidir libre e democraticamente o noso presente e o noso futuro”. A proposta de candidatura formúlase ademais nun contexto de “clara involución democrática no Estado español, caracterizado polo grave recorte de liberdades e dereitos “.

Esta xuntanza, indica o Bloque a través dun comunicado, é un paso máis na dinámica de traballo conxunta que as tres forzas veñen desenvolvendo desde hai meses. Dinámica que vai parella aos procesos de participación e debate interno da militancia que cada unha das organizacións teñen abertos en relación á súa fórmula de concorrencia.

Comentarios