O BNG di que PP e PSOE presionan para evitar o debate sobre o 'Caso Alvia' na Eurocámara

Ana Miranda sinala populares e socialistas como responsábeis de “facer presión” para que non se debata sobre as dúas reclamacións presentadas pola asociación de vítimas.

bruxelas alvia

A presidenta da Comisión de Perticións da UE, Cecilia Wikström, afirmou no seu momento que as dúas reclamacións presentadas pola Asociación de Vítimas do Alvia 04155, en relación ao accidente de Angrois, ían debaterse en outubro, alegando daquela que había que agardar a que pasasen as eleccións galegas. Ana Miranda, portavoz nacionalista en Bruxelas, considera que PP e PSOE “continúan facendo presión e non queren que se debatan nen en outubro nen en novembro”. Tamén no Parlamento galego, ambas forzas políticas opuxéronse reiteradamente á creación dunha comisión de investigación, lembra.

Miranda pide a esa comisión -na que calquera persoa ou colectivo dos estados membros poden presentar unha reclamación para o seu debate-, que aborde xa as denuncias presentadas toda vez que xa decorreu o proceso electoral do 25S. Pide que se atenda as dúas denuncias presentadas, “sobre todo tras coñecerse en xullo o informe da Axencia Ferroviaria Europea, que demandaba reabrir o caso tras ditaminar que non existiu unha investigación independente do accidente”.

Comentarios