O BNG chama a superar unha Constitución que non dá cabida a unha Galiza soberana

A formación frentista xulga que a Constitución de 1978 está superada e que debe ser “modificada”, segundo subliña nun comunicado de imprensa.

Xavier Vence [M.Montero]
photo_camera Xavier Vence [M.Montero]

En que consistiría a modificación do texto constitucional polo que advoga o BNG? O Bloque demanda, esclarece no comunicado, un “marco constitucional” que permita a Galiza “exercer os seus direitos democráticos”, a comezar polo “dereito á libre determinación e polo dereito a ser unha nación soberana”.

Neste mesmo sentido, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, avanza que a formación nacionalista “continuará a traballar a prol dunha Galiza soberana, con capacidade de decidir sobre o seu futuro e de construírse digna e libremente como Estado”.

Vence tamén denuncia o que cualifica de "cinismo político" do PP, un partido que por unha banda sacraliza a Constitución e por outra incumpre sistematicamente os seus aspectos máis progresistas, aqueles que teñen a ver coas políticas económicas e os dereitos sociais.

Comentarios