Iniciativa Galega pola Memoria Histórica denuncia o desleixo da Xunta perante a "Lei da memoria"

Iniciativa Galega pola Memoria Histórica apela ao “consenso” das forzas políticas para instar á Xunta a executar medidas de recuperación da memoria histórica. Esta formación tenta, desde o ano 2007, políticas reais de recuperación da Memoria Histórica e de condena do franquismo. 

Reunión de Iniciativa galega pola Memoria histórica e o Bloque Nacionalista Galego (Imaxe: BNG).
photo_camera Reunión de Iniciativa galega pola Memoria Histórica (Imaxe: cedida).

O Grupo Común da Esquerda, o Bloque Nacionalista Galego e En Marea participaron esta sexta feira, 27 de decembro, nunha xuntanza coa plataforma Iniciativa Galega pola Memoria Histórica

Matías Rodríguez, voz representante de Iniciativa Galega, plataforma que aglutina un centenar de colectivos, na reunión cos deputados Ánxeles Cuña (Común da Esquerda), Xosé Luís Rivas 'Mini' (BNG) e Paula Vázquez Verao (Mixto), apelou ao “consenso” das forzas políticas para instar á Xunta a executar medidas de recuperación da memoria histórica. Neste sentido, denunciou que a Administración non está a aplicar políticas públicas e mesmo de recuperación de “lugares simbólicos” como a Illa de San Simón.

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Xosé Luís Rivas amosou o apoio do BNG ás demandas da entidade que desde o ano 2007 desenvolve unha intensa actividade para a recuperación das vítimas do franquismo e contra a “impunidade” da lei de amnistía.

Matías Rodríguez denunciou que a Administración non está a aplicar políticas públicas e mesmo de recuperación de “lugares simbólicos” como a Illa de San Simón.

Así mesmo, o parlamentario Xosé luís Rivas lembrou que o BNG rexistrou diversas iniciativas no Parlamento galego para que a Illa de San Simón sexa un lugar de “recoñecemento e homenaxe das vítimas da represión franquista” e non utilizado para actividades de carácter lucrativo que oculten o que realmente aconteceu na Illa durante o período franquista. É necesario, dixo, que se coñeza a verdade e se repare a memoria das vítimas polo que volveu a reiterar o apoio do BNG ás demandas da plataforma Iniciativa Galega pola Memoria.

Iniciativa Galega pola Memoria Histórica

Iniciativa Galega pola Memoria Histórica é unha plataforma plural que aglutina diversas entidades co afán de coordinarse, como “punto de encontro permanente do movemento memorialístico galego”, “espazo de debate e acción común” das múltiples entidades que a conforman e que están a traballar na loita pola memoria histórica, desde 2007, perante a “Lei da memoria”. Xa en 2010, logo do cambio de goberno en 2009 e do “desmantelamento das políticas públicas da memoria” é aprobada a declaración de principios da IGM e feita pública na homenaxe nacional ás vítimas do franquismo que cada ano se celebra en San Simón.

Comentarios