O BNG anuncia que garantirá que Galiza exista no Congreso “con voz de seu”

Pontón agradece o apoio de todas as que confiaron no BNG e avanzou que Néstor Rego defenderá “unha axenda galega” nas Cortes españolas.

FOTO VALORACIÓN ANA PONTÓN ELECCIÓNS 10N

O BNG volve ter presenza no Congreso español, un retorno logrado, agradeceu a portavoz nacional Ana Pontón, ao apoio de “todos os galegos e galegas que confiaron no Bloque”. Pontón avanzou que as nacionalistas “estaremos aí para que se produza un goberno de progreso pero sempre marcado por “unha axenda galega e con solucións aos problemas do noso país”, explicou.

A portavoz nacional mostrou a súa preocupación polo peso da extrema dereita  cuxa responsabilidade, dixo, corresponde tanto a dereita como á esquerda española. Que máis ten que pasar, preguntou a líder nacionalista, para que Feixoo se “desmarque dos pactos do Partido Popular coa extrema dereita?. Se non o fai  é cómplice do seu branqueamento”.

A líder nacionalista reiterou que o BNG é unha forza política que “vai á alza e suma”, coa man tendida a todos os galegos e galegas que cren que Galiza precisa dunha alternativa como a que representa o BNG. “Fixémolo nesta campaña e seguiremos nesa senda porque temos un grande reto no ano 2020, unha mudanza para desaloxar da Xunta ao Partido popular e para iso é necesario que o BNG obteña o mellor resultado posíbel”, concluíu.

Comentarios