O 'Blue Star' xa está nun dique de Navantia para a súa reparación

O barco trasladouse esta madrugada desde Curuxeiras ás instalacións do estaleiro público.
O 'Blue Star' nas instalacións de Navantia. (Europa Press)
photo_camera O 'Blue Star' nas instalacións de Navantia. (Europa Press)

Após de 15 días encallado na costa de Ares, o ‘Blue Star’ xa está preparado para ser reparado. Na madrugada desta sexta feira, o buque foi trasladado desde a dársena de Curuxeiras a un dos diques de Navantia Ferrol.

A manobra levouse a cabo coa axuda de tres remolcadores con base en Ferrol que tardaron algo máis de media hora en desprazalo pola ría de Ferrol.

Agora, os traballadores de Navantia serán os encargados de poñer a punto o buque, que presenta danos no casco á altura da quilla, así como a máquina e o resto partes afectadas polo incendio rexistrado a noite que quedou á deriva e bateu nas rochas.

Comentarios