O Bloque amosa o seu apoio ao 'Si' no referendo escocés

Nunha rolda de imprensa conxunta co movemento de solidariedade con Escocia, Ana Miranda, sumouse á rede de apoio para a independencia.

A poucas semanas do referendo de autodeterminación en Escocia, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) amosou publicamente o seu apoio ao 'Si'.

Nunha comparecencia conxunta con Pilar Fernández e James Douglas Naismith, integrantes do movemento de solidariedade con Escocia, a responsábel da área de internacional do Bloque, Ana Miranda, asegurou que "votar é o máis democrático" polo que salientou "estamos a favor do Si ao igual que o movemento civil e organizacións políticas que amosaron o seu compromiso" coa independencia "a través da campaña Yes Scotland". 

Desde a organización frontista amosáronse optimistas en relación cos resultados da consulta na que, di, están cert@s de que vencerá o 'Si', malia o comportamento "abusivo e hipócrita" que está a amosar o Reino Unido, denunciou Pilar Fernández. 

Solidarity with Scotland denuncia a campaña de "presión" que está a desenvolver o Reino Unido através das embaixadas e altos comisionados 

Neste senso, Fernández asegurou que @s británicos están a exercer "presión internacional" através das súas embaixadas e altos comisionados para mobilizar o voto unionista e promover o rexeitamento dunha Escocia independente noutros países. 

En resposta a isto Solidarity with Scotlanddecidiu enviar diversas cartas ás embaixadas denunciando esta práctica que socava  e tenta interferir nun debate pacifico, democrático e legal entre a cidadanía escocesa.

Tamén interveu na comparecencia James Douglas Naismith, escocés na diáspora e residente en Galiza asegurou que o exercicio do dereito de autodeterminación en Escocia "axudará" a outros territorios na súa loita pola independencia ao tempo que subliñou os "vínculos" existentes entre Galiza e a illa. 

Comentarios