PALMARéS

"Blood Below the Skin" e "Sound of a Million Insects" fanse cos premios oficiais do Curtocircuíto

O Curtocircuíto Festival Internacional de Cine chegou a súa fin coa entrega dos premios no acto de clausura. Blood Below the Skin e Sound of a Million Insects foron os filmes gañadores da sección oficial. No que respecta ás películas galegas, o xurado elixiu Sin Dios ni Santa María de Helena Girón e Samuel M. Delgado.

[Imaxe: Tamara De La Fuente] Premiados no Curtocircuíto
photo_camera [Imaxe: Tamara De La Fuente] Premiados no Curtocircuíto

Na categoría de filmes experimentais (Explora) o primeiro premio, dotado de 3.000 euros e un trofeo, recaeu en Sound of a Million Insects, Light of a Thousand Stars, filme xaponés de Tomomari Nishikawa con motivos visuais moi poéticos, que utiliza un rolo de celuloide enterrado durante moito tempo en Fukushima. Ademais, o xurado outorgoulles mencións especiais a Embargo de Johann LurfScrapbook de Mike Hoolboom, quen foi obxecto dunha retrospectiva o pasado ano en Curtocircuíto.

Na categoría de traballos máis narrativos (Radar), o primeiro premio foi para Blood Below the Skin de Jennifer Reeder, que tamén recibirá 3.000 euros e trofeo. O xurado tamén deu mencións nesta categoría, nesta ocasión para La impresión de una guerra de Camilo RestrepoBecoming Anita Ekberg de Mark Rappaport.

No que respecta ás películas galegas, o xurado elixiu Sin Dios ni Santa María de Helena Girón e Samuel M. Delgado, unha película da que salientou que “consegue algo aparentemente imposíbel: filmar o pasado". Amais deste premio, dotado de 2.000 euros, o xurado sumou unha mención a Proba de axilidade, de Jaione Camborda, que "consegue converter o cotián dunha proba de axilidade nunha lúdica reflexión sobre o animal e o humano".

O premio da crítica CAMIRA (Cinema and Moving Image Research Assembly) foi para Noite Sem Distância de Lois Patiño. As asociacións rexionais profesionais de escritores (AGAG) e directores (CREA) premiaron Cruz Piñón de Xisela FrancoO descubrimento de Américo de Miguel Mariño.

O xurado mozo premiou Swimming in Your Skin Again de Terence Nance e deulle unha mención a La isla está encantada con ustedes de Alexander Carver e Daniel Schmidt. O premio Gadis do público recaeu en Sin Dios ni Santa María, que sumou un segundo galardón, este último cun valor de 1.500 euros.

Comentarios