CULTURA

Bibliotecas municipais celebran o Día Internacional do Libro

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, participa no vídeo elaborado por 31 centros de lectura galegos para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebra hoxe, 23 de abril. As persoas responsables das bibliotecas, que están pechadas por mor da pandemia da COVID-19, son as protagonistas e as caras visibles deste audiovisual, que quere mostrar que estes centros seguen a traballar e a buscar novas formas de contactar co público lector.

A acción enmárcase dentro das actuacións cooperativas que está a poñer en marcha un grupo de traballo formado por 31 bibliotecas públicas municipais pertencentes á Rede de Bibliotecas de Galicia. Desde marzo, abren novas canles para compartir experiencias e fomentar a participación, mesmo en tempos de confinamento.

Comentarios