Opinión

Bendito-Maldito Bipartito

Son das que pensa que o bipartito foi case o único Goberno que se poida considerar tal na historia de Galiza, o cal non o libra de erros e da crítica necesaria. Pero, para a maioría de esquerda e galeguista que hai neste país, e que se manifestou claramente nas catro últimas eleccións xerais, penso que ten máis no haber que no deber. Mágoa que o bipartito sexa invocado por Feixoo -aínda en 2020!- para atribuír problemas do País, mentres que a esquerda non foramos quen, en conxunto,  de reivindicar os  acertos de xestión.

En canto a erros -para que non se repitan- teño para min que houbo un de base e principal: considerar que alcanzado o Goberno en 2005, se chegaba ao poder, e actuar como se aquela maioría non fora, apenas, por un escano. Téñase en conta despois do 12 de xullo.

Comentarios