Beiras e Antón Sánchez visitarán Oriol Junqueras e Raül Romeva na prisión de Llenoders

O vindeiro 10 de decembro, onde os dous dirixentes independentistas están en prisión preventiva á espera do xuízo.

beiras anton sanchez anova

Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez visitarán o 10 de decembro a Oriol Junqueras e Raül Romeva na prisión de Llenoders, onde os líderes independentistas están presos á espera de xuízo. Este encontro, afirman desde Anova, pretende mostrar a solidariedade para cos presos políticos.

“Entendemos que o feito de que sigan en prisión preventiva é unha mostra máis da deriva autoritaria que atravesa os poderes do Estado español diante das demandas democráticas postas enriba da mesa por boa parte da sociedade catalá”, sinalan desde Anova, que considera que “ a mudanza de goberno no Estado español debe abrir un tempo novo”.

Comentarios