Galiza no mapa

O Beato de Girona. A Galiza do século X

Rematado en 975 e depositado na Catedral de Girona en 1078, o mapa elaborado polos monxes de Tábara certifica o carácter hexemónico da área galega no contexto político cristián. As supostas cabezas dos reinos cristiáns, segundo a historiografía españolista, non existen nesta cartografía policromada, que é asinada por unha muller como debuxante principal.

30
photo_camera O Beato de Girona

3Foi rematado o 6 de xullo do ano 975, depositado arredor de 1078 na Catedral de Girona e actualmente custodiado no museo do referido templo. Coñecido como Beato de Girona, elaborouse con case total seguridade no Mosteiro de Tábara, na actual provincia de Zamora, no espazo político do reino de Galiza. As razóns que levan a confirmar esta orixe son as semellanzas con outros traballos realizados no Mosteiro de Tábara, concretamente o Beato de Tábara, a disposición tipográfica, característico dos copistas da área galega e a coincidencia entre os nomes dalgúns autores deste beato cos gravadores do Beato de Tábara.

O mapamundi, recollido nunha copia dos Comentarios do Apocalipse do beato de Liébana, destaca pola súa rica policromía, pola abundante presenza de ouro e prata nas diversas miniaturas e polas dimensións do códice, formado por 284 páxinas en pergamiño de 400 por 260 milímetros. Os autores do mesmo coinciden practicamente cos do Beato de Tábara, sinalándose o cronista Senior, o miniaturista Emeterio, discípulo do mestre de Tábara Maxio e a gravadora Ende, cuxas imaxes ilustran tamén o Beato de Tábara. A disposición do códice, onde Ende aparece sinalada como pintora diante de Emeterio, certifica esta como autora principal da obra atendendo á importancia que lle daba á orde de aparición neste tipo de traballos. A presenza dunha muller asinando como debuxante principal da obra representa unha excepción na longa tradición deste tipo de cartográficas pero vén demostrar a súa importante participación nos labores de copista e miniaturista nos códices medievais.

[Podes ler a peza íntegra no número 316 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Máis en Mapas do reino
Comentarios