As bases de Podemos proclaman Gómez-Reino como cabeza de lista á Xunta e Luca Chao como 'dous' pola Coruña

Marcos Cal e David Bruzos, que se perfilan como 'tres' e 'un' por Pontevedra e Ourense na candidatura final, entre os máis votados. Na votación particiou 13% das inscritas activas de Podemos na Galiza. 

A portavoz do Grupo Común da Esquerda Luca Chao no Parlamento galego (Nós Diario).
photo_camera A portavoz do Grupo Común da Esquerda Luca Chao no Parlamento galego (Nós Diario).

As e os inscritos de Podemos Galicia proclamaron o secretario xeral da súa formación, Antón Gómez-Reino, como candidato á Presidencia da Xunta pola coalición Galicia En Común-Anova, lista na que, en virtude do acordo alcanzado, o número dous pola provincia da Coruña ocuparao Luca Chao, quen resultou a máis votada nas primarias que a organización morada celebrou ao longo dos últimas días.

Podemos deu a coñecer os resultados das votacións, nas que participaron 1.712 das ao redor de 13.000 persoas inscritas activas cos que conta o partido morado na Galiza.

Deles, 89,78% (1.537 persoas) apoiaron a única candidatura en liza para ser cabeza de lista, a de Gómez-Reino, que se converterá no candidato á Presidencia da Xunta pola coalición subscrita entre Unidas Podemos e Anova. Un total de 175 inscritos (10,22% dos participantes nas primarias) votaron en branco.

Participaron 1.712 das ao redor de 13.000 persoas inscritas activas cos que conta o partido morado na Galiza

En virtude do acordo alcanzado, corresponden a Podemos o segundo lugar da candidatura pola Coruña e o terceiro por Pontevedra, que ocuparán Luca Chao e Marcos Cal, respectivamente. Ambos foron deputados na última lexislatura e resultaron os máis apoiados nas primarias ao obter 31.510 e 26.866 puntos a través do sistema de votacións, polo que os inscritos debían optar por 24 nomes e ordenalos segundo a súa preferencia.

O deputado no Congreso durante a efémera lexislatura de 2016 David Bruzos foi o terceiro que máis apoios obtivo no proceso (25.886), polo que ocuparía a cabeza da lista de Galicia En Común-Anova pola provincia de Ourense.

En cuarto lugar quedou o actual secretario local de Podemos en Lugo, José Manuel Pérez Afonso. No entanto, o primeiro lugar da lista por Lugo na coalición electoral resérvase a Anova, formación que aínda está pendente de nomear as e os seus candidatos.

Pechan os dez primeiros postos das persoas máis votadas nas primarias Verónica Hermida (21.559 puntos), Victoria Álvarez (21.112),
Julia Torregrosa (20.260), Begoña Pedrouzo (19.144), Borja San Ramón (18.494), Isabel Faraldo (17.200).

Comentarios