O barómetro do CIS ratifica a tendencia á alza do BNG, agora nunhas eleccións estatais

Apunta suba para PSOE, UP e nacionalismo galego de se realizar agora eleccións españolas.
Votantes nun colexio de Compostela nas últimas eleccións xerais de 2019 (Europa Press)
photo_camera Votantes nun colexio de Compostela nas últimas eleccións estatais de 2019 (Europa Press)

O barómetro do CIS apunta suba para BNG, PSOE, Uunidade Popular e PSOE nunhas eleccións estatais

Fíxose en base a máis de 3.000 entrevistas realizadas entre 1 e 9 de xullo.

De haber agora eleccións estatais as urnas sorrirían a PSOE, Unidade Popular e BNG, mais tamén a PP e Ciudadanos. De feito serían Vox e os soberanismos cataláns os que sairían máis prexudicados.

Son datos do barómetro de xullo do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que se realizou na primeira semana do mes en base a algo máis de 3.000 enquisas.

O traballo do CIS apunta a que o BNG obtería agora a nivel estatal un 0,7% sobre o voto válido. O PSOE atinxiría 32%, PP 12,7% e Unidade Popular 12,1%.

O barómetro de xullo outorga ao BNG unha estimación de voto do 0,7%, unha décima máis que no último estudo, publicado en xuño.
Nas eleccións de novembro o BNG tivo 0,5% dos votos mentres que PSOE atinxiu 28%, PP 20,8% e UP 12,1%.

Comentarios