Opinión

Banca pública para o rural

Hai anos, as entidades bancarias, tanto as que tiveran a súa orixe aquí na Galiza como as que proviñan de fóra,  disputaban ferozmente cada cliente, sen importar onde tiña a residencia,  e as oficinas agromaban, como se de surtos  de prosperidade se tratar, por toda a parte.

Máis recentemente, o proceso de concentración bancaria que derivou na perda do sistema financeiro galego, levou ao peche de centos de oficinas. En dez anos Galiza perdeu  o 40% do total de oficinas.

Esta perda é especialmente significativa no rural onde máis de cuarenta concellos non teñen a día de hoxe ningunha oficina bancaria, aumentando así a exclusión que estes territorios sofren ao sumarse en moitos casos coa ausencia de transporte público e ás limitacións, cando non imposibilidade, de utilizar servizos, e non só de banca, online. O rural precisa banca para se desenvolver e se as entidades privadas non queren ofrecer ese servizo terá que ser un Banco Público Galego quen o ofreza. E como non o hai, haberá que o desenvolver. O novo Parlamento podería ir traballando niso.

Comentarios