Baltar sopesa meter membros do partido de Jácome nas listas para as galegas

O presidente da Deputación de Ourense e líder do PP en Ourense, José Manuel Baltar, recoñeceu onte que o seu partido "non se pecha" a incluír a membros de Democracia Ourensana na súa lista para as eleccións galegas. 
2020021018565922273
photo_camera Jácome e Baltar ofreceron unha rolda de prensa conxunta. (Europa Press)

Nunha rolda de prensa na que compareceu, precisamente, co rexedor ouresán e líder desa formación, Gonzalo Pérez Jácome,  o presidente da Deputación subliñou que "os populares de Ourense non se pechan a explorar ningún tipo de solución para presentar a lista máis potente e que atraia ao maior número de votantes".

Pola súa banda, o alcalde de Ourense apuntou que "matizará se o seu partido se presenta ás eleccións". Jácome tamén avanzou que manterá xuntanza co PP para "valorar que camiño tomará e cales son as opcións". Entre as posibilidades atópase a de que algún integrante de Democracia Ourensana se integre nas listas do Partido Popular, algo que "de inicio", o rexedor ourensán di que"non valora".

Estas declaracións lanzounas Baltar na rolda de prensa conxunta despois da reunión mantida co alcalde de Ourense co fin de formular "temas estratéxicos para a cidade". Nela, Jácome anunciou que o Goberno ourensán convocará unha reunión para o día 10 de marzo na que participarán representantes de seis Administracións e na que "se definirá que contías económicas irán destinadas ao centro de Intelixencia Artificial".En concreto, estarán presentes representantes do Concello de Ourense, a Deputación, a Xunta, o Estado, a Universidade de Vigo e a Uned, segundo adiantou.

Ademais, o rexedor ourensán  aclarou que a posta en marcha inicial do centro de Intelixencia Artificial correrá a cargo do Concello de Ourense e que se procederá a realizar "contratos por programa a persoal interino, cunha duración de tres anos.

Na xuntanza tamén se tratou a posta en marcha definitiva do Transporte Metropolitano, que contará coa colaboración da Deputación de Ourense e da Xunta e que, segundo concretou Jácome, "será unha realidade no ano 2020". Baltar destacou as "vantaxes da posta en marcha dese transporte entre a capitalidade e os concellos limítrofes" que se realizará mediante a "extensión das liñas dos autobuses urbanos de Ourense", indica o Goberno municipal. 

Comentarios