O Balonmán Cangas realizará un ERTE pola crise da COVID-19

O clube pretende aforrar o pagamento das cuotas da Seguridade Social dos seus xogadores e técnicos, cifra arredor dos 4.000 euros ao mes.
balonamn cangas
photo_camera Os xogadores e técnicos cobraran o paro (Foto: Balonmán Cangas).

O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo, equipo da Liga Asobal, a máxima categoría a nivel estatal, realizará un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE).

O obxectivo do clube galego, o primeiro en acollerse a esta medida, é aforrar o pagamento das cuotas da Seguridade Social, arredor duns 4.000 euros, dos seus xogadores e técnicos. Estes cobrarían o subsidio de desemprego mentres non houbese competición.

Comentarios