Baixeras, Premio Cidade de Ourense con “A luz extinta”

O escritor Xavier Rodríguez Baixeiras é o gañador do XXX Premio de Poesía Cidade de Ourense coa obra A luz extinta. O xurado valorou, entre outras cousas, que o poeta levaba a lingua “a unha decantación extrema”. 

Rodríguez Baixeras
photo_camera Rodríguez Baixeras

A luz extinta é o título do libro que lle valeu ao escritor Xavier Rodríguez Baixeras a trixésima edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense. Un xurado composto por Amadeu Baptista, Irene Veiga Durán, Miguel A. Fernán Vello e Millán Picouto destacou a “precisión formal na construción do poema” que mantén unha “tensión elexíaca” e leva a “lingua a unha decantación extrema”. Rodríguez Baixeras constrúe un novo libro arredor da memoria e a experiencia vital, “un discurso lírico que procura en todo momento a emoción do lector”, dixo. 

Rodríguez Baixeras, un dos nomes máis destacados da coñecida como xeración dos oitenta, ten unha ampla e recoñecida traxectoria poética con títulos como Fentos no mar, Anos de viaxe, Visitantes, Anos de viaxe, Beira norte, Eclipse e O pan da tarde polos que foi galardoado con premios como os da Crítica, galega e española, o González Garcés ou o Losada Díeguez. En narrativa obras recentes súas son Diario de comidas ou Brasil no centro. 

Comentarios