Que facer?

Unha fin de semana con múltiples ofertas, do teatro á stronomía

Observatorio1
photo_camera Observatorio astronómico

Distintos pobos unha única loita

Compostela

Sala Malatesta

Sábado

21.00h

Na primeira edición deste festival itinerante os grupos galegos Nao e Sondarúa compartirán cartel coa banda vasca Odolaren Mintzoa.

As mulleres que opinan son perigosas

Pontevedra

Teatro Principal

Sexta feira e sábado

O foro álzase como un encontro de mulleres columnistas que conxuga entrevistas cruzadas, relatorios e coloquios para visibilizar o traballo das mulleres nos medios de comunicación. A cita contará con nomes como Ana Pardo de Vera, que clausurará o foro cunha conversa coa directora do semanario Sermos Galiza María Obelleiro; Rosa Montero; Celia Blanco; Lucía Taboada; Marta García Aller; Ana I. Bernal Triviño; Anita Botwin; Fernanda Tabarés; Inma López Silva; Emma Gascó; Elisa Beni e María Varela.

 

Tempos para compartir: Deseña o teu selo

San Sadurniño

Casa da Xuventude

Sábado

19.30h

A doutora en Belas Artes Noemí Lorenzo impartirá un obradoiro sobre deseño e fabricación de selos: concibir a imaxe, o seu paso á goma, labrado do motivo e fixación nun soporte.

 

Observacións guiadas do ceo

Cotobade

Observatorio Astronómico de Cotobade

Sábado

Todo o día

Todos os sábados realízanse observacións guiadas do ceo a través do telescopio do observatorio e cunha explicación no exterior, previa reserva.

Tanxarina

Vigo

Auditorio Municipal

Domingo

18.00h

“As bombas e o xeneral”, unha proposta de teatro infantil na que se recrea con siluetas animadas, música e actores a historia dun xeneral que quere organizar unha guerra.

Mamá Cabra

Ferrol

Teatro Jofre

Domingo

12.00h

'Eu cociño, ti cociñas?' é un proxecto innovador que combina a cociña e a alimentación saudábel coa música, para aprender e divertirse a través das cancións.

Novos Talentos Musicais

Compostela

Paraninfo da Universidade

Até 24 de marzo

Até finais de marzo desenvolverase o segundo ciclo de concertos, cun total de nove recitais interpretados por 23 promesas galegas da música e un cuarteto de clarinetistas.

Comentarios