O avogado xeral da UE abre a porta a anular o IREH das hipotecas

O Tribunal supremo avalara este imposto en 2017. O letrado comunitario considera que non é transparente e que pode ser abusivo. A banca española ten miles de millóns de euros neste tipo de hipotecas.

Tribunal xustiza union europea
photo_camera TXUE

O Avogado Xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea fai tremer a banca. Considera que o índice de referencia de empréstitos hipotecarios (IREH) non é transparente e pode ser abusivo. O que abre as portas que agora os xuíces poidan anular ese imposto hipotecario que o Tribunal Supremo español avalara en 2017.

O posicionamento do Avogado Xeral non é vinculante mais unha vista ao sucedido nestes anos mostra como na gran maioría das ocasións a decisión do tribunal vai polo mesmo camiño. De feito, case 70% das decisións do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) foron no mesmo sentido que a posición do Avogado Xeral. Porén, non foi así en resolucións chaves como a das cláusulas solo.

O Avogado Xeral entende que o xuíz pode comprobar se cando de asinou o contrato expúxose de maneira transparente o método para calcular o interese e que a persoa que subscribe a hipoteca puidese valorar as consecuencias económicas que implica. O IREH, indica o Avogado, establece un valor de referencia que parte dunha fórmula que é complexa e adoece de falla de transparencia. A sentenza do Tribunal agárdase para inicios de 2020

O índice IREH presentouse como unha referencia para as hipotecas máis estable que o outro índice empregado, Euríbor. A decisión mantén en vilo á banca española, que ten 17.000 millóns de euros ligadas a este tipo de hipotecas.

Comentarios