Imprimir

A Avogacía do Estado e os Franco desbotan un acordo no inicio do proceso xudicial polo Pazo de Meirás

Redacción | 31 de xaneiro de 2020

A Avogacía do Estado e a representación legal da familia do ditador Francisco Franco desbotaron a posibilidade de chegar a un acordo ao comezo da vista previa polo proceso xudicial para a reincorporación do patrimonio público do Pazo de Meirás.

A preguntas do xuíz, ambas as dúas partes coincidiron en que non era "doado" chegar a un acordo. Así o afirmou o avogado do Estado e ratificouno o da familia Franco.

Xa antes da vista, un dos avogados dos Franco recoñeceuno. "Dubido que haxa un acordo", dixo o letrado Luis Felipe Utrera ante os medios e ás portas do Xulgado de Primeira Instancia número 1.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/memoria/avogacia-do-estado-franco-desbotan-acordo-inicio-do-proceso-xudicial-polo-pazo-meiras/20200131110611090535.html


© 2020 Nós Diario