Avante 2012: não há festa como esta!

Mais un ano, a Festa do Avante centrará a actualidade cultural, política e social de Portugal ao longo de tres días, do 7 ao 9 de setembro

Falar da Festa do Avante! é facelo dun evento que desde a súa primeira edición, en 1976, marca o paso con Portugal. O 7, 8 e 9 do vindeiro mes de setembro, o Avante volve ao Seixal para acoller as ducias de milleiros de visitantes que se mergullan nas súas actividades. Portugues@s, si, mais tamén galeg@s, brasileiro@, alemáns e alemás, frances@s, italian@s... Nao há festa como esta! presumen en Portugal. E é certo.

"A Festa do Avante! é o espaço com maior índice de fraternidade por metro quadrado existente em Portugal"

A programación desta edición xa está pechada e xa foi presentada. Haberá teatro, deporte, cine, ciencia, fotografía e música, moita música, con actuacións que van desde Ana Moura a Peste & Sida, de Shooglenifty a Anti-clockwise, de Diabo na Cruz a Blasted Mechanism, entre moitas outras propostas de case todos os estilos musicais: do fao ao rock, do metal ao folk, do jazz á mestizaxe. 

"Luta, festa, militância, compromisso"

Mais o Avante non é só música, nin moito menos. É moito máis. Todo está preparado para que os diferentes espazos da Quinta da Atalia, no Seixal (Central, internacional, xuventude...) sexan eses tres días de setembro un fervedoiro de propostas, casetas, camaradería, militancia, compromiso, convivencia, diversión... O Avante está organizado polo PCP, o Partido Comunista Português. Por iso, alén de festa hai política, moita política. Da política feita desde os ideais ("o mais belo de todos os ideais: o ideal comunista de liberdade, justiça social, paz, fraternidade, solidariedade" afirman na web da festa).


Comentarios