Imprimir

O auxe dos zocos: Artesanía tradicional galega con tinte contemporáneo

Redacción | 14 de febreiro de 2020

O auxe dos zocos: Artesanía tradicional galega con tinte contemporáneo. Foto: Facebook EFerro
O auxe dos zocos: Artesanía tradicional galega con tinte contemporáneo. Foto: Facebook EFerro
Os zocos e a artesanía galega están de moda, reinventar as raíces con novos deseños e cánones máis actuais é sinónimo de éxito

A cultura galega segue a ser rica e viva. O seu segredo, partir da tradición para dar o gran salto, interpretar o pasado desde a óptica máis actual. 

Incorporar linguaxes máis contemporáneas ás distintas manifestacións culturais galegas é todo un logro. Máis sabor galego á última e sen perder a esencia. 

Cerámica, olaría, ourivaría, cestaría, o traballo coa pel, o coiro... un sinfín de oficios artesanais atopan nos novos deseños unha oportunidade de reinventarse e manterse máis vivos ca nunca. 

Os zocos galegos, da tradición á tendencia

Un claro exemplo diso atopámolo nos zocos galegos máis cool do estado español, Premio Nacional de Artesanía, e un moi bo pretexto para comprobar como Galiza pisa forte dentro e fóra das súas fronteiras. 

Zocos galegos

Todos aqueles que visiten Galiza, teñen a oportunidade de coñecer moda 100% galega

E é que na Galiza a boa xente vese polos pés, e que mellor forma que facelo cun zoco do máis 'top', onde as tendencias mandan. 

Elena Ferro: “A xente non quería saber nin de zocos nin de pan de millo”

 

Moda e deseño 100% galego

Zocos de Elena Ferro

Moitos son os nomes propios polos que a moda galega é coñecida internacionalmente, Inditex, Adolfo Domínguez, Purificación García, Bimba e Lola, Roberto Verino...

Deseño, tendencias e unha colección tras outra, poñen a Galiza no posto máis mediático en canto a moda se refire. Aos galegos non hai pasarela que se lles resista e creación que pase desapercibida. A moda galega gusta, non hai dúbida. 

Moda para reivindicar a cultura galega

Pero máis aló da proxección internacional, moitos son as e os deseñadores que intentan abrirse oco neste difícil sector en continua transformación. O seu denominador común, reivindicar a cultura galega. Directo e sinxelo. 

Dá igual a materia prima, dá igual o xeito de tratala, o respecto polo galego é sinal inequívoco que o resultado merecerá a pena. O artesán está de moda e os seus responsábeis falan alto e claro. 

Galiza ten moitísimo que facer e dicir. 

Turismo rural na Galiza profunda: 7 Lugares para perderse

 

Zocos galegos, un caso de éxito

elena ferro

A responsábel desta revolución é Elena Ferro, artesana que conseguiu poñer de moda o calzado que usaban as traballadoras e traballadores galegos do campo. Os zocos doutrora son os zocos máis cool de hoxe. 

Ademáis de desempoar esta tradición tan arraigada na Galiza e volver poñer de moda os zocos galegos, a iniciativa valeulle o Premio Nacional de Artesanía 2019. 

Os zocos de Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019

Deseñar moda urbana a partir dun elemento tan artesanal como son os zocos non foi tarefa sinxela. Unha carreira de fondo que nos seus inicios centrouse no respecto pola tradición e que non alcanzou o éxito esperado. 

Non variar nadiña de nada o zoco orixinal non era suficiente, manter a esencia dese elemento tan tradicional e representativo da cultura galega, facéndoo máis cómodo, máis flexíbel e, sobre todo, máis creativo e orixinal, era o camiño a seguir. 

Colorido elevado á máxima potencia, animal print, lazos, moitos lazos... un produto que de non coñecer a súa tradición, podería pasar por tendencia, verdade?

Tal foi a revolución, que pasear pola Coruña, onde se atopa a tenda de Elena, e non tropezarse cun destes zocos tan 'top' é misión "case imposíbel". 

 

Asociacións feministas na Galiza: movemento global pola igualdade
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/auxe-zocos-artesania-tradicional-galega-tinte-contemporaneo/20200214101858091387.html


© 2020 Nós Diario