Ausencia de galego como lingua vehicular na formación do profesorado en Galiza

CIG-Ensino critica que a Consellaría continúe a incumprir a obriga de velar polo uso do idioma propio

 

Manifestación en defensa da lingua_Galiza Contrainfo
photo_camera Imaxe: Galiza Contrainfo

CIG-Ensino informa que recibe queixas do profesorado que participa en actividades formativas organizadas pola propia administración nas que se entrega documentación de traballo en lingua castelá ou mesmo se emprega este idioma para a impartición das aulas. O último exemplo nesta dinámica foi o curso ‘Introdución ao manexo do kit de Robótica Educativa’ que vén de organizar o CAFI para os niveis de Primaria e de Secundaria.

CIG considera que que estamos perante unha mostra máis do “desleixo” do goberno no ámbito educativo, “incumprindo o seu deber de velar porque os materiais curriculares empregados formación do profesorado galego estean nosa lingua”.

Comentarios