Os cinco integrantes de La Manada, condenados no seu día por abusos sexuais e non por agresión (violación), poderán continuar na rúa mentres o Tribunal Supremo non decidir sobre o seu recurso de casación.
A decisión da Audiencia de Nafarroa non foi unánime: o presidente da sección segunda do tribunal emitiu un voto particular a favor da prisión provisoria sen fianza para os encausados.